Empezamos a imprimir en 1986. Todos estes anos quixemos que nos nosos traballos queden plasmados o entusiasmo e a dedicación que lle brindamos a cada proxecto.
Tal como dicía Hemingway en relación ós escritores, "Para un auténtico escritor, cada libro debería ser un novo comezo no que el intenta algo que está máis aló do seu alcance". Estamos convencidos de que esa tamén é a nosa misión á hora de imprimir un libro: facelo cada día mellor, plasmando en cada proxecto todo
o noso saber facer. Gratifícanos compartir con autor e deseñador
o esforzo e o entusiasmo que dedican ó seu traballo. Somos os que convertemos cada proxecto en algo físico, no libro que perdura no tempo, por iso se merece o noso entusiasmo e implicación en todo
o proceso de creación.
Aproveitamos o coñecemento e a experiencia que temos no control colorimétrico e nas técnicas de impresión para obter o resultado que merece cada libro, combinando a técnica estocástica con politonos e hexacromía. Desde o principio apoiámonos na tecnoloxía e nos seus avances para facer de cada proxecto unha experiencia, porque, ó final, cada libro acaba formando parte de nós.

